COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES cursos anteriores

26 jun 2015

Rematamos o curso escolar 14-15

Nesta última semana do curso aínda quedan moitas actividades que levar a cabo conxuntamente:

6 jun 2015

Celebramos o Día do Medio Ambiente

Como cada ano o 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente preparando diversas actividades que podemos ver no seguinte enlace:




4 jun 2015

Actuacións do Coro e do Teatro do colexio

O xoves, 4 de xuño os Obradoiros de Coro e Teatro farán as súas respectivas actuacións no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:00 horas.
Este e o programa:



Excursión de INFANTIL

O mércores, 3 de xuño, os alumnos e alumnas de Infantil, xunto coas profesoras Ana, Laura, Maricarmen, Cristina, Elisa, Marta e a coidadora Esther, fixeron unha pequena saída á praia de Esteiro no Barqueiro.
Como o día non estivo moi bo só poideron disfrutar da viaxe en autobús e de saborear un rico xeado.
Os xogos na praia, tal e como tiñamos previsto, quedaron aplazados para outro día con mellor tempo.

 

28 may 2015

Excursión de 5º e 6º curso

Vinte e nove alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos, xunto cos profesores Vicente e Marta, gozaron dunha estancia de tres días nas Rías Baixas con motivo da excursión de fin de curso.
O pasado luns, antes de aloxarse no mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra), achegáronse ao castro de Baroña, un asentamento celta datado entre os séculos I antes e despois de Cristo. 
Ao día seguinte, madrugón para embarcar en catamarán rumbo ás Illas Cíes, un dos arquipélagos do Parque Natural das Illas Atlánticas, onde orientados por un guía turístico fixeron unha ruta de sendeirismo; de recreo, baño na branquísima praia das Rodas, e á volta, visita ao Museo Massó, un referente na industria conserveira.
Remataron as "vacacións" o mércores, con outra mostra no Museo do Salazón de O Grove, paseando de seguido en catamarán pola ría de Arousa para coñecer de preto o cultivo dos mexillóns e visualizar os fondos mariños.

15 may 2015

Festa do MAIO e LETRAS GALEGAS

Cando chega o mes de maio preparamos moitas actividades para celebrar:
FESTA DO MAIO
LETRAS GALEGAS


13 may 2015

Excursión de 3º e 4º curso

http://granxadebarreiros.com/es/

O luns, 11 e martes 12 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso, xunto cos seus profesores Paco e Angélica, fixeron a súa viaxe de fin de curso á Granxa Escola de Barreiros en Sarria.
Tiveron a oportunidade de facer moitos cousas a través dos diferentes obradoiros que lles prepararon.
Os profesores fixeronlles moitas fotos que quedan recollidas no seguinte vídeo:


12 may 2015

O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO

Este é o título dos traballos propostos pola MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA.
Un proxecto colaborativo das Bibliotecas Escolares de Cervo, Xovo e Viveiro.



9 may 2015

Xoán Guerreiro no noso colexio


O venres, 8 de maio, tivemos a sorte de contar co pintor xovense, XOÁN GUERREIRO, quen impartiu unhas nocións básicas de debuxo para todo o alumnado do colexio, dende infantil ata 6º curso.
Durante toda a mañá os alumnos foron pasando pola aula habilitada para este obradoiro onde escoitaron as explicacións de Xoán e levaron á práctica o aprendido.
Agradecemos a Xoán a súa labor e atención e esperamos que noutra ocasión podamos disfrutar das súas ensinanzas.
Tamén os alumnos e alumnas de 5º curso tiveron a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista que queda recollida no seguinte vídeo.                                                 
MOITAS GRAZAS XOÁN


Tamén podemos ver o vídeo do obradoiro

24 abr 2015

Semana das Artes Plásticas na Mariña

 FOTO: Pepa Losada
Presentación  na fábrica de Sargadelos da Semana das Artes Plásticas

Durante toda esta semana tiveron lugar as visitas dos Centros Educativos á Exposición das Artes Plásticas na Mariña. Do noso centro, os alumnos de 3º e 4º curso foron o mércores, 22 e os alumnos de 5º e 6º o xoves, 23.
Os artistas mariñáns que exporán as súas obras no Centro de Interpretación da Mariña Lucense (CENIMA) de Foz dende o 10 ao 30 de abril dentro da Semana das Artes Plásticas da Mariña son:
Xosé Blanco, Daniel Caxigueiro, Celso Dourado, Mauro Leivas, Ernesto G. Torterolo, Laly Santos, J. María P. Rielo, Antonio Rodríguez, Pili Rei, Lucía Catuxo, Zili Katova, Cris Basanta, Lucía Vila, Xoán Guerreiro, Eva Rivas, Patricia Arellano, Martín Lestao, Neira Brochs, Alberto Pena, Juanel Ponte, Carmen Llonín, Otero Regal, Ignacio Castro, David Catá, Ana Sánchez, Julián Bouza, Balbina López Santos, Alvaro Trincado e Manuel Villagordo.

Celebramos o Día do Libro

O xoves, 23 de abril de 2015, celebramos nas Bibliotecas Escolares o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DO AUTOR.
Todas as actividades que levamos a cabo quedan recollidas nesta


20 abr 2015

Actividades Medioambientais

Estes días no colexio estamos levando a cabo traballos no horto escolar.

Na seguinte PÁXINA podemos ver máis información








Estas actividades forman parte dos proxectos deste curso:


27 mar 2015

2º Obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

Hoxe os nenos e nenas de primaria poideron disfrutar novamente da actividade:

Programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas axudas alimenticias. Os seus destinatarios son os escolares de educación primaria e os seus profesores.
Esta actividade forma parte do Plan Proxecta: 

26 mar 2015

Froita na Escola

Este curso estamos a traballar sobre a ALIMENTACIÓN e unha das actividades que vimos realizando con moito éxito é a de tomar froita na merenda da mañá.

A continuación podemos ver un vídeo no que os alumnos e alumnas de 2º curso, xunto co seu profesor Eduardo, nos presentan as cualidades das froitas e tamén soa de fondo musical a canción "Todo natural",  tamén cantada por eles.

23 mar 2015

ANXO MOURE na Bibliosoños

Anxo Moure, pasou pola nosa biblioteca para contarnos contos sobre as árbores, como coidalas e respetalas...
Pasamos un ratiño moi divertido e entretido.
Queremos darlle as gracias ao CONSORCIO EDITORIAL GALEGO por poder contar con esta actividade.



22 mar 2015

Día da Árbore, da Auga e da Poesía

Celebramos o Día da Árbore con moitas actividades que podemos ver na seguinte páxina:
CLICA NA IMAXE

https://sites.google.com/site/educacionparaomedioambiente/dia-forestal-mundial-dia-da-arbore/curso-14-15

9 mar 2015

Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A xornada do luns, 9 de marzo, foi moi completa:
  • Pola mañá, os nenos e nenas do colexio tiveron a oportunidade de facer moitas preguntas ás mulleres homenaxeadas: Antonia Paz, Ana Meitín, as xemelgas Nieves e Carmen, María Antonia Ladra, Mari Carmen Iglesias, Emma Bermúdez, Sarai Blanco e Lara Balseiro, que atenderon amablemente ás cuestións plantexadas polos alumnos e alumnas dos distintos cursos.
  • Pola tarde, excelente acollida da XORNADA DE PORTAS ABERTAS cunha afluencia de nais, pais, e sobre todo, avós e avoas, ademais de numerosos veciños que participaron nunha visita guiada polo colexio con clase incluida por parte do director, quen lles puxo ao día do actual sistema de aprendizaxe a partir das novas técnicas da información e comunicación. De seguido, asistiron á proxección de dous vídeos na honra das mulleres traballadoras de Celeiro e outro que reproducía o proceso de fabricación da conserva. Finalmente, unha mesa redonda na que participaron algunhas das homenaxeadas á mañá coa incorporación de Covadonga Viamonte.
  • Tanto nesta xornada como ao longo da semana permanece aberta unha exposición con 104 fotos adicada aos diferentes traballos da muller.
 PÁXINA ESPECIAL
Así foi recollido na prensa:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/viveiro/2015/03/10/nueve-mujeres-ante-curiosidad-pequenos-celeiro/0003_201503X10C2999.htm



20 feb 2015

Preparando o DÍA DE ROSALÍA

Nas aulas xa estamos a traballar nas actividades para presentar o martes, 24 de febreiro,

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/rosalia-curso-14-15
Todas as actividades quedan recollidas na 

9 feb 2015

Viaxe cultural do 3º ciclo

O martes, 10 de febreiro, os nenos e nenas de 5º e 6º curso, xunto cos seus profesores, Marta e Antonio, farán a viaxe cultural programada para este curso a A Coruña.
Farán as seguintes visitas:
10:00 horas, DOMUS
12:30 horas, AQUARIUM FINISTERRAE
15:30 horas, MUNCYT

5 feb 2015

Viaxe cultural do 2º

O xoves, 5 de febreiro, os nenos e nenas de 3º e 4º curso, xunto cos seus titores, Angélica e Paco, viaxan ata Burela para participar na campaña UN MAR DE CULTURA.

Terán as seguintes  actividades: 
10:30 visita ao Barco Museo Boniteiro “Reina del Carmen”
11:30 descanso
12:00 visita Peixería “O Almacén do Peixe

VÍDEO DAS ACTIVIDADES