COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES cursos anteriores

19 dic 2014

ACTIVIDADES NO NADAL

Todas as actividades que fixemos no Nadal podemos velas no 

http://nadal09-10.blogspot.com.es/
Fixemos moitas actividades:

  • Belén de Infantil
  • Belén de Primaria
  • Acivro de Infantil
  • Ambientación das aulas e corredores
  • Postais e Poesías do concurso da ANPA
  • Postais para felicitar aos nosos colaboradores
  • Festival de NADAL no colexio, coa participación de todos os cursos de Infantil e Primaria
  • Chegada de Papá Noel
  • Actuación do Coro do Colexio na Igrexa de Celeiro

16 dic 2014

Premio para Jose Guirado de 6º curso




O luns, 15 de decembro, na sala de exposicións da cidade departamental, entregáronse os premios do concurso de pintura OS NOSOS PORTOS, convocado pola Dirección Portuaria de Ferrol. O alumno do colexio Antonio Pedrosa Latas de Celeiro José Manuel Guirado Fernández resultou gañador de entre os 230 traballos presentados por 23 colexios das catro comarcas galegas: A Mariña, Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Ao acto asistiron, ademais dos tres primeiros premiados, o Presidente da Deputación Provincial, Diego Calvo Pouso e o Presidente da Autoridad Portuaria Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño Anca.

Os tres gañadores foron obsequiados cun maletín con material de pintura, e 900 euros para o colexio de Celeiro polo 1º premio, 600 para CEIP Santa Juana de Lestonacc de Ferrol polo segundo, e 300 para o terceiro, o Sagrado Corazón de Ferrol.


12 dic 2014

Premio para Álvaro Fernández de 6º curso

As nosas felicitacións para o alumno de 6º de Primaria
Álvaro Fernández Lázaro

que no día de onte asistiu ao acto de entrega do premio consistente nunha tablet,
polo Concurso de Redacción do programa "Mariñeiros por un día" desenvolvido pola Confraría de Pescadores "Santiago Apóstolo" de Celeiro en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o pasado curso.


A actividade consistente nunha visita á lonxa de Celeiro, á base dos helicópteros de salvamento marítimo, a Confraría de Pescadores e ao Centro de Formación Marítimo-Pesqueira, desenvolveuse o día 24 de xaneiro de 2014.
Logo da visita, os alumnos plasmaron as súas impresións nunhas redaccións que podemos ver neste enlace, as mesmas foron presentadas ao concurso de redacción no que Álvaro obtivo o premio dentro da categoría de  Primaria.
O traballo ben feito sempre ten recompensa!!!

27 nov 2014

O sabor da aventura está no mar

https://sites.google.com/site/proxecto20142015/o-sabor-da-aventura-esta-no-mar
Hoxe os nenos e nenas de primaria poideron disfrutar da actividade:


Programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas axudas alimenticias. Os seus destinatarios son os escolares de educación primaria e os seus profesores.
Esta actividade forma parte do Plan Proxecta: ALIMÉNTATE BEN.


20 nov 2014

Día dos Dereitos da Infancia

Hoxe foi un día moi especial pois na BIBLIOSOÑOS celebramos o 

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Fixemos varias actividades nas que participaron os alumnos e alumnas de Infantil e
1º, 2º e 3º de Primaria, en varias sesións ao longo da mañá.
  • Presentación dos DEREITOS  e DEBERES, a cargo dos alumnos e alumnas de 6º de Infantil.
  • Presentación do Vídeo especial: TODO NATURAL.
  • Cantamos e bailamos.
No seguinte vídeo podemos ver o resumo destas actividades

Celebración do Día dos Dereitos da Infancia

O xoves, 20 de novembro, celebramos o Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Durante toda a semana fixemos moitas actividades nas clases e tivemos unhas sesións especiais na BIBLIOSOÑOS onde os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron unha presentación sobre os Dereitos e Deberes, tamén preparamos un vídeo especial coa canción TODO NATURAL de Mamá Cabra.
 Todos as actividades e recursos podemos atopalos NESTE ENLACE

https://sites.google.com/site/proxecto20142015/dereitos-dos-nen-s

13 nov 2014

Unha sesión de teatro moi especial

O Concello de Viveiro convídanos a presenciar o xoves, día 13 de novembro, ás 11:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a obra:

 As laranxas máis laranxas 
de todas as laranxas

representada polo Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.




As laranxas máis laranxas de todas as laranxas está considerada como unha das principais contribucións de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) ao ámbito da literatura infantil e xuvenil, galardoada en 1973 co I Premio de Literatura Dramática para a Infancia e a Xuventude da Asociación Cultural 'O Facho'.

11 nov 2014

Celebramos o MAGOSTO

A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.
Celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.

REFRÁNS:
  • As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
  • Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • Polo san Martiño, castañas e viño.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
  • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

28 oct 2014

Celebramos o SAMAÍN

No noso colexio celebramos o SAMAÍN.
Este ano como estamos a traballar sobre a alimentación, as nosas cabazas disfrazáronse de alimentos.
Fixemos dúas exposicións: unha de infantil e outra de primaria.
No seguinte vídeo podemos vela e tamén escoitar como fondo musical a
DANZA MACABRA de Saint-Saëns
O SAMAÍN


Os alumnos e alumnas de 6º curso prepararon a canción "O Samaín".
 Fixemos a gravación en vídeo na Bibliosoños e quedou así de ben.
 

24 oct 2014

Celebramos o Día da Biblioteca Escolar


DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Actividades na Bibliosoños:
  • Elaboración de marcapáxinas especiais.
  • Exposición de Novos Libros para a Biblioteca.
  • Dramatización do conto Unha mosca no caldo, a cargo dos alumnos e alumnas de 3º curso, xunto coa súa profesora Angélica.
  • FORMACIÓN DE USUARIOS para os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º curso.                           
Aquí podemos ver un pequeno vídeo das actividades que fixemos para esta gran celebración.



No seguinte vídeo podemos ver a dramatización do conto "UNHA MOSCA NO CALDO"
a cargo dos alumnos e alumnas de 3º curso. A súa profesora Angélica fixo a seguinte adaptación

7 oct 2014

Comezamos os ensaios!!!

Hoxe comezamos os ensaios de CORO e TEATRO cos nosos profesores Marta e Vicente.
Traballaremos moito para poder facer unhas actuacións estupendas coma todos os anos.

1 oct 2014

Actividades Extraescolares propostas polo CENTRO


Este curso as clases de CORO e TEATRO serán os luns, de 16:30 a 17:30 horas e de 17:30 a 18:30, respectivamente
Daremos comezo o vindeiro luns, 6 de outubro.

A lista dos alumnos e alumnas inscritos podemos vela na seguinte presentación