COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES cursos anteriores

28 may 2015

Excursión de 5º e 6º curso

Vinte e nove alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos, xunto cos profesores Vicente e Marta, gozaron dunha estancia de tres días nas Rías Baixas con motivo da excursión de fin de curso.
O pasado luns, antes de aloxarse no mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra), achegáronse ao castro de Baroña, un asentamento celta datado entre os séculos I antes e despois de Cristo. 
Ao día seguinte, madrugón para embarcar en catamarán rumbo ás Illas Cíes, un dos arquipélagos do Parque Natural das Illas Atlánticas, onde orientados por un guía turístico fixeron unha ruta de sendeirismo; de recreo, baño na branquísima praia das Rodas, e á volta, visita ao Museo Massó, un referente na industria conserveira.
Remataron as "vacacións" o mércores, con outra mostra no Museo do Salazón de O Grove, paseando de seguido en catamarán pola ría de Arousa para coñecer de preto o cultivo dos mexillóns e visualizar os fondos mariños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario