COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES cursos anteriores

28 may 2015

Excursión de 5º e 6º curso

Vinte e nove alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos, xunto cos profesores Vicente e Marta, gozaron dunha estancia de tres días nas Rías Baixas con motivo da excursión de fin de curso.
O pasado luns, antes de aloxarse no mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra), achegáronse ao castro de Baroña, un asentamento celta datado entre os séculos I antes e despois de Cristo. 
Ao día seguinte, madrugón para embarcar en catamarán rumbo ás Illas Cíes, un dos arquipélagos do Parque Natural das Illas Atlánticas, onde orientados por un guía turístico fixeron unha ruta de sendeirismo; de recreo, baño na branquísima praia das Rodas, e á volta, visita ao Museo Massó, un referente na industria conserveira.
Remataron as "vacacións" o mércores, con outra mostra no Museo do Salazón de O Grove, paseando de seguido en catamarán pola ría de Arousa para coñecer de preto o cultivo dos mexillóns e visualizar os fondos mariños.

15 may 2015

Festa do MAIO e LETRAS GALEGAS

Cando chega o mes de maio preparamos moitas actividades para celebrar:
FESTA DO MAIO
LETRAS GALEGAS


13 may 2015

Excursión de 3º e 4º curso

http://granxadebarreiros.com/es/

O luns, 11 e martes 12 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso, xunto cos seus profesores Paco e Angélica, fixeron a súa viaxe de fin de curso á Granxa Escola de Barreiros en Sarria.
Tiveron a oportunidade de facer moitos cousas a través dos diferentes obradoiros que lles prepararon.
Os profesores fixeronlles moitas fotos que quedan recollidas no seguinte vídeo:


12 may 2015

O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO

Este é o título dos traballos propostos pola MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA.
Un proxecto colaborativo das Bibliotecas Escolares de Cervo, Xovo e Viveiro.



9 may 2015

Xoán Guerreiro no noso colexio


O venres, 8 de maio, tivemos a sorte de contar co pintor xovense, XOÁN GUERREIRO, quen impartiu unhas nocións básicas de debuxo para todo o alumnado do colexio, dende infantil ata 6º curso.
Durante toda a mañá os alumnos foron pasando pola aula habilitada para este obradoiro onde escoitaron as explicacións de Xoán e levaron á práctica o aprendido.
Agradecemos a Xoán a súa labor e atención e esperamos que noutra ocasión podamos disfrutar das súas ensinanzas.
Tamén os alumnos e alumnas de 5º curso tiveron a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista que queda recollida no seguinte vídeo.                                                 
MOITAS GRAZAS XOÁN


Tamén podemos ver o vídeo do obradoiro