COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES cursos anteriores

19 dic 2014

ACTIVIDADES NO NADAL

Todas as actividades que fixemos no Nadal podemos velas no 

http://nadal09-10.blogspot.com.es/
Fixemos moitas actividades:

  • Belén de Infantil
  • Belén de Primaria
  • Acivro de Infantil
  • Ambientación das aulas e corredores
  • Postais e Poesías do concurso da ANPA
  • Postais para felicitar aos nosos colaboradores
  • Festival de NADAL no colexio, coa participación de todos os cursos de Infantil e Primaria
  • Chegada de Papá Noel
  • Actuación do Coro do Colexio na Igrexa de Celeiro

16 dic 2014

Premio para Jose Guirado de 6º curso




O luns, 15 de decembro, na sala de exposicións da cidade departamental, entregáronse os premios do concurso de pintura OS NOSOS PORTOS, convocado pola Dirección Portuaria de Ferrol. O alumno do colexio Antonio Pedrosa Latas de Celeiro José Manuel Guirado Fernández resultou gañador de entre os 230 traballos presentados por 23 colexios das catro comarcas galegas: A Mariña, Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Ao acto asistiron, ademais dos tres primeiros premiados, o Presidente da Deputación Provincial, Diego Calvo Pouso e o Presidente da Autoridad Portuaria Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño Anca.

Os tres gañadores foron obsequiados cun maletín con material de pintura, e 900 euros para o colexio de Celeiro polo 1º premio, 600 para CEIP Santa Juana de Lestonacc de Ferrol polo segundo, e 300 para o terceiro, o Sagrado Corazón de Ferrol.


12 dic 2014

Premio para Álvaro Fernández de 6º curso

As nosas felicitacións para o alumno de 6º de Primaria
Álvaro Fernández Lázaro

que no día de onte asistiu ao acto de entrega do premio consistente nunha tablet,
polo Concurso de Redacción do programa "Mariñeiros por un día" desenvolvido pola Confraría de Pescadores "Santiago Apóstolo" de Celeiro en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o pasado curso.


A actividade consistente nunha visita á lonxa de Celeiro, á base dos helicópteros de salvamento marítimo, a Confraría de Pescadores e ao Centro de Formación Marítimo-Pesqueira, desenvolveuse o día 24 de xaneiro de 2014.
Logo da visita, os alumnos plasmaron as súas impresións nunhas redaccións que podemos ver neste enlace, as mesmas foron presentadas ao concurso de redacción no que Álvaro obtivo o premio dentro da categoría de  Primaria.
O traballo ben feito sempre ten recompensa!!!