- Pola mañá, os nenos e nenas do colexio tiveron a oportunidade de facer moitas preguntas ás mulleres homenaxeadas: Antonia Paz, Ana Meitín, as xemelgas Nieves e Carmen, María Antonia Ladra, Mari Carmen Iglesias, Emma Bermúdez, Sarai Blanco e Lara Balseiro, que atenderon amablemente ás cuestións plantexadas polos alumnos e alumnas dos distintos cursos.
- Pola tarde, excelente acollida da XORNADA DE PORTAS ABERTAS cunha afluencia de nais, pais, e sobre todo, avós e avoas, ademais de numerosos veciños que participaron nunha visita guiada polo colexio con clase incluida por parte do director, quen lles puxo ao día do actual sistema de aprendizaxe a partir das novas técnicas da información e comunicación. De seguido, asistiron á proxección de dous vídeos na honra das mulleres traballadoras de Celeiro e outro que reproducía o proceso de fabricación da conserva. Finalmente, unha mesa redonda na que participaron algunhas das homenaxeadas á mañá coa incorporación de Covadonga Viamonte.
- Tanto nesta xornada como ao longo da semana permanece aberta unha exposición con 104 fotos adicada aos diferentes traballos da muller.
COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES cursos anteriores
9 mar 2015
Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
A xornada do luns, 9 de marzo, foi moi completa:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario